martes, 29 de septiembre de 2009
A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro do 2009 en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda.

É unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día.

Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos.

Por isto, e por moitas outras cousas, ACODE Á MANIFESTACIÓN A PROL DO GALEGO!!!

Tags: GALICIA, SANTIAGO

Publicado por 26115 @ 18:22
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios